Oficiante de cerimonias
para a túa voda civil en Galicia
¡Parabéns! Ides dar un novo paso na vosa relación.
Investistes horas en personalizar a vosa voda, porque ese día vos pertence. É a vosa festa e queredes compartila con familiares e amigos. Tendes data, lugar, convidados… todo elixido á medida dos vosos desexos.
Á vosa cabeza acoden ducias de detalles: decoración, padriños, alianzas… Por curioso que pareza, un dos máis importantes sempre queda en mans dunha persoa descoñecida… ¡a cerimonia!
¿Sabíades que podedes elixir a persoa que oficie a vosa voda? Cóntovos un pouco máis.
Cerimonia en Galicia • Fai clic para ampliar
¿Qué é un oficiante de vodas?
Podedes chamalo mestre de cerimonias, oficiante ou, se preferides, presentador.
En definitiva, un profesional da comunicación, capaz de transmitir emocións e experto en traballar perante o público. A persoa encargada de dirixir a cerimonia baseándose nas vosas preferencias e gustos tendo sempre presente as vosas indicacións e desexos.
¡Podedes ter unha cerimonia única e á vosa medida!
¿Razóns? Tantas coma parellas
Cada día son máis as persoas que solicitan unha cerimonia personalizada.
Palabras con alma
Ben porque casan por xulgado e procuran algo máis vizoso para os convidados, ou porque queren unha voda que vaia alén das palabras asépticas dun funcionario.
Sorprender e emocionar
Oficiei para parellas de feito… mesmo para parellas que, tras un acto relixioso e íntimo, elixiron sorprender aos seus convidados cunha cerimonia especial.
Liberdade absoluta
Ademais, coa figura do oficiante tendes a liberdade de escoller o lugar e a hora da cerimonia. Estou ao voso servizo.
Diferentes
Sorprende aos teus convidados
Xa sexa unha voda costumista ou a clásica cerimonia de «non imos facer unha voda típica».
Os meus anos de experiencia como actor serán os vosos mellores aliados se queredes unha voda temática, recreándoa noutra década ou baixo o desexo de que vos case un personaxe de ficción.
¿Queredes vervos inmersos nunha película de acción con actores escenificando unha pelexa? ¿Resgatar á túa parella das mans dun vilán? ¿Unha cerimonia sinxela na praia?
As posibilidades son infinitas. Non escatimedes en imaxinación.
¿Quéresme na túa cerimonia?
« Agrádame a idea de facervos felices, e con esa premisa vou envorcar a miña ilusión no voso día. »
Pódesme chamar agora mesmo para axustar un orzamento e poidamos transformar o bo en superior.