Galicia • Tempada 2026 • Actor e Oficiante
Ficción Sonora Infantil

Audiocontos para novos tempos

Ademar Silvoso ofrécenos nesta mini-serie cinco audiocontos

Cinco audiocontos e unha sesión de meditación para nenas e nenos que poderán desfrutar sós ou en compañía de adultos. Trátase, segundo salienta Política Lingüística, de «historias narradas cunha linguaxe clara, cargadas de fantasía e mais dun trasfondo educativo de novos valores, tales coma a integración en diversidade funcional, as frustracións na aprendizaxe, novos modelos familiares, mesmo problemas cotiáns aos que se enfrontan os cativos nas escolas ou na procura da súa identidade».

As pezas, ou ficcións sonoras poden ser escoitadas ou descargadas nas plataformas SPOTIFY, IVOOX ou APPLE PODCASTS e na páxina de Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Plataformas Oficiais

Escoita a serie en streaming

Dispoñibles en calquera momento e dende calquera dispositivo.

Reprodutor Integrado en Liña

Produción & Elenco

Equipo Artístico e Técnico

Para a sua realización rodeuse de profesionais da interpretación como Luís Iglesia, Manuel Pombal ou Paloma Saavedra. Máis de 20 actores e actrices que gravaron nos estudos de ODS PRODUCIONS, con Abel Bonilla na dirección e Aramús Benítez na gravación.

01 Ademar Silvoso Guión e Autoría Autor
02 Abel Bonilla Dirección e Produción Dirección
03 Aramús Benítez Gravación e Posprodución Sonido
04 ODS Producións Selo de Produción Estudio
05 Secretaría Xeral de Política Lingüística Xunta de Galicia Institucional
Colaboracións

¿Queres propoñer un proxecto sonoro ou escénico?

Locución narrativa, contacontos, presentacións e producións audiovisuais en Galicia e todo o territorio.