Galicia • Tempada 2026 • Actor e Oficiante
Marco Normativo & LSSI-CE

Aviso Legal

Condicións xerais de uso, información corporativa e termos legais

1. Datos identificativos do titular

En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), facilítanse a continuación os datos de información xeral deste sitio web:

  • Titular: Ademar Silvoso Abal
  • Enderezo postal: Avenida de Galicia 11, 1º — 36630 Cambados (Pontevedra), Galicia, España
  • Correo electrónico de contacto: ademarsilvoso@gmail.com
  • Actividade profesional: Actor profesional, mestre de cerimonias civís e creador de proxectos audiovisuais e ficciones sonoras.
  • Sitio web oficial: ademarsilvoso.es

2. Obxecto e ámbito de aplicación

O presente sitio web ten por finalidade dar a coñecer a traxectoria artística de Ademar Silvoso, facilitar a canle de contratación e información para servizos de interpretación escénica, condución de eventos e cerimonias civís personalizadas de voda en Galicia, así como difundir obras de ficción sonora e artigos de reflexión artística.

O acceso, navegación e utilización deste portal atribúe a condición de usuario, implicando a adhesión plena e sen reservas a todas as disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada no momento en que se acceda ao mesmo.

3. Condicións de uso e responsabilidade

O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos no sitio web e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas, contrarias á boa fe ou á orde pública, nin para provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do titular ou de terceiras persoas.

Ademar Silvoso resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten coma a forma na que estes aparezan presentados.

4. Propiedade intelectual e industrial

Todos os elementos que integran este sitio web (incluíndo, con carácter enunciativo e non limitativo: textos, fotografías, deseño editorial, logotipos, arquivos sonoros, vídeos e código fonte) son propiedade exclusiva de Ademar Silvoso Abal ou de terceiros colaboradores que autorizaron expresamente a súa difusión (con recoñecemento ás obras fotográficas de Rachel Martínez Pillado, producións teatrais, audiovisuais e entidades colaboradoras).

Queda expresamente prohibida calquera reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación de calquera contido deste sitio con fins comerciais sen a autorización previa, expresa e por escrito do titular.

5. Enlaces externos a plataformas de terceiros

O sitio web inclúe ligazóns a plataformas externas de distribución cultural e sonora (Spotify, Apple Podcasts, iVoox, YouTube) e redes sociais. Ademar Silvoso non exerce control algún sobre os ditos sitios externos nin asume responsabilidade sobre a súa dispoñibilidade técnica, calidade ou políticas de privacidade.

6. Lexislación aplicable e xurisdición

Para a resolución de calquera controversia ou cuestión relativa ao presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española vixente, sendo competentes os Xulgados e Tribunais de Cambados (Pontevedra).

Volver ao inicio Política de Privacidade Política de Cookies