Audiocontos para novos tempos

Ademar Silvoso ofrécenos nesta mini-serie cinco audiocontos

Cinco audiocontos e unha sesión de meditación para nenas e nenos que poderán desfrutar sós ou en compaña de adultos. Trátase, segundo salienta Política Lingúística, de “historias narradas cunha linguaxe clara, cargadas de fantasía e mais dun trasfondo educativo de novos valores, tales coma a integración en diversidade funcional, as frustracións na aprendizaxe, novos modelos familiares, mesmo problemas cotiáns aos que se enfrontan os cativos nas escolas ou na procura da súa identidade”.

As pezas, ou ficcións sonoras poden ser escoitadas ou descargadas  nas plataformas  SPOTIFY, IVOOX ou APPLE PODCASTS e na páxina de Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Listen on Apple Podcasts

Para a sua realización rodeuse de profesionais da interpretación como Luis Iglesia, Manuel Pombal ou Paloma Saavedra. Mais de 20 actores e actrices que gravaron nos estudos de ODS PRODUCIONS, con Abel Bonilla na dirección e Aramís Benítez na gravación.

  • Escrito por ADEMAR SILVOSO
  • Dirección e Produción ABEL BONILLA
  • Gravación e posprodución ARAMÍS BENÍTEZ
  • Deseño sonoro ABEL BONILLA
  • Corrección lingüística PATRICIA TORRADO
  • Unha produción de ODS PRODUCIÓNS